Ó pouco tempo da creación do centro, e con motivo das festas do Apostolo no ano 1991 celebraron unhas festas dunha semana na que incluiron actuacións de grupos folklóricos, un concerto de música a cargo da banda de Bankstown, rematado cunha verbena e queimada.
No periodo 1993-1995 participaron en diversos programas da Xunta de Galicia, tales como “Campamentos” “Actividades Culturais e Informativas” e “Equipamentos”.
A directiva que se fai cargo do centro no ano 2003, encabezada por D. Eloy López Suárez comeza con forza e pon en marcha importantes actividades socioculturais, recreativas e de lecer. Neste sentido é de destacar a presenza no centro da Real Banda de Gaitas de Ourense no mes de outubro de 2004, coincidindo coa actuación da Banda de Melbourne. Tamén no ano 2004, no mes de agosto, unha representación de xóvenes deste centro participou nos actos do IV Día da Galicia Exterior, incluido no Foro da Xuventude que tivo lugar no Monte do Gozo e posterior caminata ata a Santa Basílica Catedral de Santiago de Compostela.