Orixinariamente denominado Centro Gallego de Sydney LTD, foi fundado en 1989 e outorgóuselle o Recoñecemento da Galeguidade en outubro de 1989. En novembro de 2002 esta entidade sofre unha profunda transformación, mudando a súa sede á ubicación actual, e converténdose nunha nova entidade denominada “Galician Association of Sydney Incorporated».

A finais do ano 2004, este centro conta con 125 socios, dos cales 90 son galegos, maioritariamente traballadores por conta propia, aínda que tamén hai empregados de empresas orixinariamente inglesas que se instalaron nesta zona austral.

Moitos galegos aquí afincados son oriondos da zona de Padrón e de Arzúa–Touro, aínda que tamén os hai doutros puntos de Galicia.

A pesar da distancia que os separa coa cidade australiana de Melbourne, esta entidade mantén boas relacións e contactos cos galegos desa zona e, especialmente, co centro de Estudos Galegos da Universidade de Melbourne. Nesta universidade, de prestixio internacional, foi investido Honoris Causa o Excmo. Sr. D. Manuel Fraga Iribarne, presidente da Xunta de Galicia.